cando miro e non atopo claridade.
Un baleiro interior cheo de escuridade,
ou simplemente un intercambiador de camiños.
Sen un chisqueiro que prenda as razóns,
que deixe ver de onde nace a confusión.
Sen esa fuga dunha perspectiva distorsiona...
xa nada se percibe do mesmo xeito.
Os tempos mudan
e mudan as verbas.
E mentras..
O tempo sobrevoa fugaz e invisible.
Pero é na claridade da confusión,
onde se fai visible a senda.
Esa verea na que a penumbra silandeira
de cando en vez recibe os agarimos
dunha ousada raiola de sol.
E é que o estío non ha ficar sempre,
pero sempre volverá.
_ d'escribindo
Ningún comentario:
Publicar un comentario