scream

12.1.16

cousas do inverno

danzan en parella,
vento e choiva.
bágoas salpicadas,
reflexo sombrío; o frío.

a escuridade é a materialidade da noite;
e ese asubío do ar,
a vaporosidade das lembranzas que,
dende lonxe,
non deixan de amosar.

un día crin medrar.
un día decateime que era mentira;
mais, algo do camiño recadei.
pero non me acabo de acostumar, inverno.

iluso con ilusións
(eran moitas)
non puiden con elas e extraviáronse.

ao principio foi brusco,
logo realidade
máis tarde soidade [só]

pasou sen chamar e entrou;
o inverno (quen se non)
pasou de lonxe, tamén,
o vento (quen asubiou)

un día crin..
crin que o estío ía ficar.
pero non, non o vin,
e voltou inverno.

_ d'escribindo

8.1.16

misterioso sentir

prendes os distintos sentidos,
tes a capacidade innata de torturar..
..e logo fuxes.

e é que, acariciarche é doado;
non o é tanto, sentir ben ou sentirse mellor.
non o é tanto relaxarse
[e máis difícil cobixarche]

ás veces ficar ó teu carón tan só é restar,
outras, un xeito de deixar de contar.
porque.. no fondo,
tes parte de escuridade
[escuridade inundante]

na distancia, móvese algo,
con cada paso;
e é tan distante, que non chega.
e é tan distante, coma ti cando non fas caso.

outras veces, moito máis preto,
es algo que impulsa con forza;
e é que, diante do precipicio é dificil saltar;
un xeito [éste] de consumir o tempo,
só, diante do abismo da realidade.

sentir [ti]
a túa existencia amosa un percorrido:
_o teu;
_o meu;
_o percorrido

misterio [que se esgota]

_ d'escribindo

6.1.16

a perspectiva das sensacións

dreams_hope_magic_

''People are walking, leaving behind
Someone who wants them to stay
Everyone's talking out of their minds
See that their gone

Afraid that their coming to stay''