adornando esta velada,
nunha noite de lúa case chea.
[cautivadora de miradas]
o rumor lonxano dun regueiro
que murmura verbas doutro tempo,
que arrola no berce
a un cativo que xa non o é.
a luz, o son.. e un cheiro da lareira,
debuxando entre a néboa,
unha noite de friaxe [que arrepia]
nesta noite que aparenta case día.
sabor húmido a cogomelo
e agarimos do nordés,
no manto vexetal
que abriga os extractos da vida.
_ d'escribindo
Ningún comentario:
Publicar un comentario